InicioCULTURAA Real Academia Galega e PuntoGal entregan este luns na Coruña os...

A Real Academia Galega e PuntoGal entregan este luns na Coruña os premios do V Concurso de Microrrelato

Publicada o

Por europapress

Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal entregarán este luns os premios do V Concurso de Microrrelato. O acto realizarase na Fundación Luís Seone, na cidade da Coruña, ás 17.30 horas, con entrada libre.

Serán entregados os galardóns aos gañadores do tres categorías do certame: Infantil, Xuvenil e Adultos. Segundo os organizadores, esta edición contou con máis de 1.000 inscritos, que tiveron que enviar unha historia de ata 200 palabras.

Ademais, na categoría de Adultos, houbo ao redor de 450 textos inscritos, dos que entre o tres galardoados, dous son docentes de secundaria do mesmo instituto, o IES Rego Trabe, de Culleredo: Nel Vidal, co primeiro premio polo texto ‘Deberes de lingua’, e Mónica Fraga, co terceiro lugar polo relato ‘A foto’. A segunda vencedora foi a costurera e contacontos Nada Misa Costas, autora de ‘Zen’.

A modalidade Xuvenil tivo case 400 inscritos, entre mozos de 12 a 17 anos. As gañadoras son Andrea Bravo López, de Ames, estudante do IES do Milladoiro, co relato ‘Querer’; Mencía Jorge Cabaleiro, de Vigo, alumna do IES Castelao, co texto ‘Perda’; e Beatriz Martínez García, de Teo, alumna do IES de Cacheiras, autora de ‘Cun pouco de azucre’.

Pola súa banda, a categoría Infantil contou coa participación de case 200 nenos e nenas de ata 11 anos. Os vencedores foron Ainhoa Valverde Silva, de Baiona, alumna do CPI de Cova Terreña, recoñecida polo texto ‘O meu irmán’; Arwen Fernández García, de Nigrán, estudante do CEIP Humberto Juanes, galadornado polo texto ‘O poema’; e Mai Lemmen, de Geldrop (Holanda), alumna do CEIP Castrelo de Miño, vencedora por ‘A gatiña saltarica’.

Nesta edición, o xurado da categoría Adultos foi o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico, Manuel González González; as académica Dores Sánchez Palomino; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a xornalista Rosalía Macías Tarrío.

Nas modalidades Infantil e Xuvenil os membros dos xurados foron o académico Gonzalo Navaza; a académica Celia Pereira Porto; a profesora da Universidade de Vigo e secretaria da xunta directiva de PuntoGal, Edita de Lorenzo; e o profesor e escritor Lois Pérez.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...